martes, 16 de diciembre de 2014

Recinto gris 2

1.- Estrutura externa do relato

Número de capítulos:16



2.- Estrutura interna do relato

- Introdución: 1-5: Coñécense ás persoaxes e dase a coñecer o entorno no que se vai desenvolver a historia.
Preséntase a Nube e como se comporta de cara ós demais, despois chegan os lobos e a levan, mentres esto ocorre vai coñecendo a moitas persoas que serán as que compartan barracón con ela, entre esas persoas destacan o seu avó e un neno albino chamado Mun.
Tamén nos describen como é Recinto Gris e que fan alí durante todo o día.


- Nó: 6-10: Aquí transcorre tódala historia que se presentou na introdución.
Nube e os seus compañeiros traballan día a día inútilmente en Recinto Gris con moitas dúbidas na cabeza. Quen se esconde detrás dos lobos? Por que queren “limpar” a sociedade de persoas diferentes coma eles? Moitas preguntas como esa son as que teñen todos os “diferentes” aos que reteñen alí.  




- Desenlace: 11-16: Dase un final á historia onde todas as persoas que se uniron á causa, rescatan a Nube e marchan do Recinto Gris aproveitando que hai choiva xa que os lobos neses días non saen. A Mun lle saen ás e escapa pola súa conta.
Todos os diferentes poideron volver á Cidade VII




3.- Argumento

O libro trata sobre uns soldados lobos que intentan crear unha sociedade ideal onde os diferentes non pertencen . Estes son encarcerados nunha cárcere chamada “Recinto Gris”. Alí os diferentes están escravizados contra a súa vontade.





4.- Asunto

Trata sobre como viven unhas persoas que son etiquetados como diferentes en unha cárcere chamada recinto gris gobernadas por uns soldados lobo.
5.- Te ma:
É distopía; porque buscase unha sociedade ideal onde so hai un tipo de xente e o resto son diferentes.

6.- To no

A historia ten un ton triste e pesimista.



7.- Voz narradora

É unha voz en terceira persoa, é dicir, é un narrador omnisciente.

CARACTERIZACIÓN DAS PERSONAXES



Caracterización xeral:

- Como son? Diferentes

- A que clase social pertencen? Os marxinados

- Que papel desenvolven na obra? O de prisioneiros

- Que actitude adopta a voz narradora ante eles? Unha aptitude de solidariedade

- Sabemos deles directamente (a partir da información da voz narradora ou doutras personaxes)? Sí

- Sabemos deles indirectamente (a partir do que din e de como se comportan)? Tamén pero menos



Clasificación:

- Principais: Nube, Mun, o avó de Nube.

- Secundarias: Os lobos, Matías, a nai de Nube, a muller con cara de rato, Carraña, o neno lepidóptero, o home lince, o electricista e o resto de xente dos barracóns.

ANÁLISE DO ESPAZO

- Real ou simbólico? Simbóico

- Fixo ou itinerante? Fixo

- Pechado ou aberto? Pechado

- Urbano ou rural? Rural



ANÁLISE DO TEMPO

- Externo: Ucronía

- Interno: cada día dura un tempo irregular.(1 páxina, 2 ou 3, 1 cápitulo...)

- Orde: lineal



CONCLUSIÓN

- É unha historia un pouco rara pero moi entretida, gustounos moito porque ten caracteristicas propias moi significativas e ademais conta a historia de unha maneira bastante normal pero a vez intrigante. Tamén e un pouco violenta e agresiva.

- Impresión persoal: Non é de actualidade, fuxe dos estereotipos e engadenos persoaxes a moito xente que en esta sociedade sería maxinada ou menospreciada, pero aí si que fai un pouco de referencia á actualidade.  


lunes, 15 de diciembre de 2014

Diario de sesións 15/12/14

Hoxe estivemos rematando o traballo de Recinto Gris, queda pendente colgalo e repasar as faltas de ortografía.
André non estivo xa que foi facer o exame de galego, polo tanto só traballamos Pedro, Marina e mais eu aínda que Marina traballou un pouco menos ca nós.

viernes, 12 de diciembre de 2014

Diario de sesións 12/12/14

Hoxe estivemos facendo novos cambios no blog, perfeccionando algunhas entradas e vendo errores que tiñamos.
Quedáronsenos parados os ordenadores pero xa arreglamos o problema, traballamos moi ben Pedro, Marina e mais eu, Iria. André A. faltou a clase.

domingo, 7 de diciembre de 2014

Diario de sesións 5/12/14

Hoxe fixemos "paises en conflicto" non nos deu tempo por uns problemas que tivemos. Traballamos moito e so falta colgado.

Paises en conflicto

Tipo de conflito e países implicados:
Somalia, iniciouse en 1991. Conflicto armado, país implicado: África.

Causas:
Unha coalición derrocou ao dictador Siad Barre en 1991. Despois do seu derrocamento do poder o 26 de xaneiro de 1991, prodúxose unha contra revolución para restablecerle de líder do país.
A situación trouxo unha crise humanitaria e un estado de anarquía.
Ademais , uns meses máis tarde o Movemento Nacional Somalí proclamou a independencia do noroeste de Somalia, mentres que no sur, o Congreso Unido Somalí disolveuse e estallaron combates entre os dous grupos máis importantes.

Consecuencias:
O 71% dos somalíes non teñen acceso a auga potable xa que se produciu unha sequía durante a guerra. O conflicto deixou 300.000 mortos dende entonces. 

Organismos de paz implicados:
As nacións unidas interviron no ano 1992. En decembro de 1992 aprobouse unha coalición de forzas de paz das Nacións Unidas lideradas por Estados Unidos e Italia. Tiña a tarefa de asegurar que a axuda humanitaria fora distribuida no país e que se restablecera a paz en Somalia. As tropas humanitarias da ONU desembarcaron en 1993 e comezaron as súas operacións durante un período que durou dous anos. 
As Nacións Unidas retiráronse o 3 de marzo de 1995 despois de sufrir unha cantidade adicional importante de baixas.

Fotos, gráficas, mapas ...


viernes, 5 de diciembre de 2014

Reportaxe: Enlaza Vigo Contra a Violencia de Xénero 2014

O día 25 de novembro marchamos a un acto contra a Violencia das mulleres, este acto foi organizado polo Concello de Vigo, o tema de este ano foi o ciberacoso Nos deron algunhas indicacións para reencontrarnos a unha hora determinada nun lugar determinado.
Había un escenario, no que a ratos ían dicindo algunhas consignas, e o tema de estas era Stop á Violencia de Xénero. Unha das consignas que dixeron foi: Se hai violencia, non é amor. Sacamos unha foto diante del:

Tamén fixemos un photocall as dúas clases xuntas, aquí deixamos a foto.



Despois do photocall estaba unha exposición de murales, cada un feito por un colexio diferente. tivemos que facer dúas fotos, unha do mural que fixo o noso cole e outra do mural que máis nos gustou. Tódolos murais eran moi bonitos, pero eliximos un que nos chamou un pouco mais a atención:

Este mural quería transmitir a mensaxe de que ninguén che pode impedir voar, é dicir, eres dono da túa vida e se alguén che di algo sobre ti do que non estás de acordo ou que non podes facer, non tes que facelo.
E aquí o mural que fixo o noso colexio:

A saída foi moi interesante e serviunos de moito, tamén ademais de todo esto habían actividades lúdicas na rúa, como por exemplo baile, rap e regueifas, malabares, breakdance, e xogos de moitos tipos. Aquí vos deixamos fotos dalgunhas delas:




Para acabar, nos xuntamos tódalas persoas que asistiron para escoitar a intervención do alcalde de Vigo e outras persoas. Mentres esto transcurría nos ían dando unhas cartolinas grandes de cor violeta a cada un, para despois levantalas e facer un minuto de silencio por todas aquelas mulleres que morreron a causa da violencia de xénero. Aquí está a foto de todos coas cartolinas: