martes, 16 de diciembre de 2014

Recinto gris 2

1.- Estrutura externa do relato

Número de capítulos:16



2.- Estrutura interna do relato

- Introdución: 1-5: Coñécense ás persoaxes e dase a coñecer o entorno no que se vai desenvolver a historia.
Preséntase a Nube e como se comporta de cara ós demais, despois chegan os lobos e a levan, mentres esto ocorre vai coñecendo a moitas persoas que serán as que compartan barracón con ela, entre esas persoas destacan o seu avó e un neno albino chamado Mun.
Tamén nos describen como é Recinto Gris e que fan alí durante todo o día.


- Nó: 6-10: Aquí transcorre tódala historia que se presentou na introdución.
Nube e os seus compañeiros traballan día a día inútilmente en Recinto Gris con moitas dúbidas na cabeza. Quen se esconde detrás dos lobos? Por que queren “limpar” a sociedade de persoas diferentes coma eles? Moitas preguntas como esa son as que teñen todos os “diferentes” aos que reteñen alí.  




- Desenlace: 11-16: Dase un final á historia onde todas as persoas que se uniron á causa, rescatan a Nube e marchan do Recinto Gris aproveitando que hai choiva xa que os lobos neses días non saen. A Mun lle saen ás e escapa pola súa conta.
Todos os diferentes poideron volver á Cidade VII




3.- Argumento

O libro trata sobre uns soldados lobos que intentan crear unha sociedade ideal onde os diferentes non pertencen . Estes son encarcerados nunha cárcere chamada “Recinto Gris”. Alí os diferentes están escravizados contra a súa vontade.





4.- Asunto

Trata sobre como viven unhas persoas que son etiquetados como diferentes en unha cárcere chamada recinto gris gobernadas por uns soldados lobo.
5.- Te ma:
É distopía; porque buscase unha sociedade ideal onde so hai un tipo de xente e o resto son diferentes.

6.- To no

A historia ten un ton triste e pesimista.



7.- Voz narradora

É unha voz en terceira persoa, é dicir, é un narrador omnisciente.

CARACTERIZACIÓN DAS PERSONAXES



Caracterización xeral:

- Como son? Diferentes

- A que clase social pertencen? Os marxinados

- Que papel desenvolven na obra? O de prisioneiros

- Que actitude adopta a voz narradora ante eles? Unha aptitude de solidariedade

- Sabemos deles directamente (a partir da información da voz narradora ou doutras personaxes)? Sí

- Sabemos deles indirectamente (a partir do que din e de como se comportan)? Tamén pero menos



Clasificación:

- Principais: Nube, Mun, o avó de Nube.

- Secundarias: Os lobos, Matías, a nai de Nube, a muller con cara de rato, Carraña, o neno lepidóptero, o home lince, o electricista e o resto de xente dos barracóns.

ANÁLISE DO ESPAZO

- Real ou simbólico? Simbóico

- Fixo ou itinerante? Fixo

- Pechado ou aberto? Pechado

- Urbano ou rural? Rural



ANÁLISE DO TEMPO

- Externo: Ucronía

- Interno: cada día dura un tempo irregular.(1 páxina, 2 ou 3, 1 cápitulo...)

- Orde: lineal



CONCLUSIÓN

- É unha historia un pouco rara pero moi entretida, gustounos moito porque ten caracteristicas propias moi significativas e ademais conta a historia de unha maneira bastante normal pero a vez intrigante. Tamén e un pouco violenta e agresiva.

- Impresión persoal: Non é de actualidade, fuxe dos estereotipos e engadenos persoaxes a moito xente que en esta sociedade sería maxinada ou menospreciada, pero aí si que fai un pouco de referencia á actualidade.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario