Mostrando entradas con la etiqueta Creación da Campaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creación da Campaña. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de mayo de 2015

ELABORACIÓN DOS MATERIAIS / PRODUTOS NECESARIOS (CARTEIS, FOLLETOS, VÍDEOS...)NECESARIOS PARA A REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES E A SÚA PUBLICACIÓN.

O noso cartel para a campaña contra o racismo que se exporá nas clases de 1ºESO-A, 1ºESO-B, 2ºESO-A, 2ºESO-B, 3ºESO-A, 3ºESO-B, 4ºESO-A, 4ºESO-B e en zonas comúns do colexio como a entrada e o corredoiro da sala de profesores.



O texto para presentar o vídeo dos bos días:
O racismo é un grande problema a nivel mundial que pode traer tanto consecuencias mortais como non mortais.
Un caso moi grave de racismo é o dun mozo de Ferguson de 18 anos chamado Michael Brown, que foi asasinado por un policía branco o día 9 de agosto do 2014.
Coñécese que Brown e outro individuo ían andando pola rúa, e o policía advertiulles de que subisen á beirarrúa. Estes non lle fixeron caso e seguiron camiñando. O policía comezou disparar e eles preparáronse para fuxir. Volveu disparar e Brown volteouse coas mans arriba, mais o policía continuou cos disparos.

Outro caso que, aínda que non houbese morte, é igual ou máis grave ca o anterior é o que sucedeu  un avión da empresa AMERICAN AIRLINES. Unha señora quéixase á azafata porque estaba sentada preto dun home negro. Esta optou por darlle outro sitio máis privilexiado ao home e deixar a muller no seu asento debido a súa mala educación. Todas as persoas que divisaron a escena aplaudiron pola actuación da azafata.

Tanto unha morte coma unhas palabras poden ter igual repercusión e facer o mesmo dano. Pensa ben o que dis. Di NON AO RACISMO.
Adíante os vídeos!

Os vídeos que poñeremos nos bos días serán estes: