O texto para presentar o vídeo dos bos días:
O racismo é un grande problema a nivel mundial que pode traer tanto consecuencias mortais como non mortais.
Un caso moi grave de racismo é o dun mozo de Ferguson de 18 anos chamado Michael Brown, que foi asasinado por un policía branco o día 9 de agosto do 2014.
Coñécese que Brown e outro individuo ían andando pola rúa, e o policía advertiulles de que subisen á beirarrúa. Estes non lle fixeron caso e seguiron camiñando. O policía comezou disparar e eles preparáronse para fuxir. Volveu disparar e Brown volteouse coas mans arriba, mais o policía continuou cos disparos.
Outro caso que, aínda que non houbese morte, é igual ou máis grave ca o anterior é o que sucedeu un avión da empresa AMERICAN AIRLINES. Unha señora quéixase á azafata
porque estaba sentada preto dun home negro. Esta optou por darlle
outro sitio máis privilexiado ao home e deixar a muller no seu asento
debido a súa mala educación. Todas as persoas que divisaron a escena
aplaudiron pola actuación da azafata.
Tanto unha morte coma unhas palabras poden ter igual repercusión e facer o mesmo dano. Pensa ben o que dis. Di NON AO RACISMO.
Adíante os vídeos!
Os vídeos que poñeremos nos bos días serán estes:

No hay comentarios:
Publicar un comentario