viernes, 5 de diciembre de 2014

Reportaxe: Enlaza Vigo Contra a Violencia de Xénero 2014

O día 25 de novembro marchamos a un acto contra a Violencia das mulleres, este acto foi organizado polo Concello de Vigo, o tema de este ano foi o ciberacoso Nos deron algunhas indicacións para reencontrarnos a unha hora determinada nun lugar determinado.
Había un escenario, no que a ratos ían dicindo algunhas consignas, e o tema de estas era Stop á Violencia de Xénero. Unha das consignas que dixeron foi: Se hai violencia, non é amor. Sacamos unha foto diante del:

Tamén fixemos un photocall as dúas clases xuntas, aquí deixamos a foto.



Despois do photocall estaba unha exposición de murales, cada un feito por un colexio diferente. tivemos que facer dúas fotos, unha do mural que fixo o noso cole e outra do mural que máis nos gustou. Tódolos murais eran moi bonitos, pero eliximos un que nos chamou un pouco mais a atención:

Este mural quería transmitir a mensaxe de que ninguén che pode impedir voar, é dicir, eres dono da túa vida e se alguén che di algo sobre ti do que non estás de acordo ou que non podes facer, non tes que facelo.
E aquí o mural que fixo o noso colexio:

A saída foi moi interesante e serviunos de moito, tamén ademais de todo esto habían actividades lúdicas na rúa, como por exemplo baile, rap e regueifas, malabares, breakdance, e xogos de moitos tipos. Aquí vos deixamos fotos dalgunhas delas:




Para acabar, nos xuntamos tódalas persoas que asistiron para escoitar a intervención do alcalde de Vigo e outras persoas. Mentres esto transcurría nos ían dando unhas cartolinas grandes de cor violeta a cada un, para despois levantalas e facer un minuto de silencio por todas aquelas mulleres que morreron a causa da violencia de xénero. Aquí está a foto de todos coas cartolinas:


1 comentario:

  1. Ola! A reportaxe quedou ben, a pesar de que faltan algúns apartados aos que non facedes referencia. Outros aspectos a mellorar son a redacción e a ortografía. Da entrada de hoxe non hai nada publicado, tampouco diario de sesións. Que pasou?

    ResponderEliminar